CulturaCulturaÚltima hora

Dúas novas andainas pola Via Nova

En setembro terán lugar outras dúas etapas por esta calzada romana, entrando xa na provincia de Ourense
Participantes nunha das andainas celebradas o pasado verán./ Foto: cedida.
Participantes nunha das andainas celebradas o pasado verán./ Foto: cedida.

O proxecto “Redescubrindo a Via Romana XVIII” continúa neste ano con dúas novas etapas a pé por esta calzada romana, que unía hai 2.000 anos as antigas urbes de Braga e Astorga. Este percorrido comezaba en xullo do 2013 e neste verán o traxecto, que inclúe conferencias e paradas explicativas en determinados puntos, entra xa no territorio ourensán.

Así en setembro afrontaranse dúas novas andainas: o día 13 percorrerase o tramo Baños de Riocaldo (Aquis Ogeresibus)-Portoquintela (Aquis Querquennis) con XIV millas (18 km) e o día 14 o de Portoquintela (Aquis Querquennis)-Sandiás (Geminas) con XVI millas (28 km).

A organización académica desta andaina pola Via XVIII está en mans da Universidade de Santiago e da Fundación Aquae Querquennae-Via Nova en colaboración cos concellos polos que pasa a andaina este ano, entre outras entidades.

Texto: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button