OurenseÚltima hora

Dúas persoas resultan feridas nun accidente de tráfico na A-52, ao seu paso pola Mezquita

 

Dúas persoas resultaron feridas esta tarde nun accidente de tráfico rexistrado no municipio da Mezquita. Trátabase dunha saída de vía dun vehículo que circulaba pola A-52, quilómetro 113, en A Canda.

“O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 18:00 horas desta tarde a través dos xestores de emerxencias do 112 Castela León, ao ser unha zona limítrofe entre as dúas comunidades, Galicia e Castela León. Segundo a información recibida no 112 Galicia tratábase dun todo terreo que dera varias voltas de campá tras saírse da vía”, citando ao 112 Galicia

Ata o lugar, unha vez coordinados ambos os dous centros de emerxencias e confirmado o lugar dos feitos na comunidade galega, acudiron ademais dos servizos sanitarios de urxencia, os axentes da Garda Civil Tráfico e os membros do GES da Gudiña.

Finalmente, unha vez no punto, os membros do GES comunicaron ao 112 Galicia que os dous ocupantes feridos do vehículo ían a ser trasladados polos servizos sanitarios ao Hospital de Verín, tal e como informa o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button