Entre os participantes do Campionato de España de Campo a Través máster, que se desenvolvía na pasada fin de semana no concello cordobés de Almodóvar del Río, había unha nutrida representación de atletas galegos, entre eles os do Adas Proinor do Barco.
No apartado individual, destacaba en categoría masculina o oitavo posto de Ricardo Vázquez en M45. O Adas facíase ademais co subcampionato nacional na categoría F40 grazas ás actuacións das súas atletas Esther Rodríguez, Susana Arrúa e Elena Ledo.
Ademais o club valdeorrés colleitaba un novo podio na modalidade de relevos 35-44. Conseguían unha prata grazas ao traballo de José Talavera, Esther Rodríguez, Susana Arrúa e Akka Essaadaoui.