DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Duelo internacional de tiro con arco, no Barco

O danés Stephan Hansen impúxose na final de composto home ao compatriota Patrick Laursen

Un ano máis, O Barco de Valdeorras converteuse, por un día, no centro internacional do tiro con arco. O sábado 22 de ouutbro, coma sempre da man do Club Arco Barco, disputábase en Calabagueiros o XI trofeo de sala no que se deron cita os mellores tirados de toda España e tamén de Europa.

Entre eles, os daneses Patrick Laursen e Stephan Hansen que se bateron na final de arco composto sénior home. Finalmente a medalla de ouro foi para Hansen, a de prata para Laursen e a de bronce para o tirador español de Arqueiros de San Jorge, Víctor Canalejas.

En composto sénior muller o primeiro posto foi para Ana Cristina Santos do Sporting Clube de Portugal, o segundo para María Gómez Martínez de Arco Club Orión (que ademais batía o récord de España con 149 puntos sobre 150), e o terceiro para Gema Corral Pedregosa de La Flecha de Salamanca.

Con respecto á categoría de recurvo, en sénior home a medalla de ouro foi para Álvaro Simo Bouza de Arcolid; a de prata para Miguel Alvariño do club Sílex; e a de bronce para Vicente Veira Moreno de Arc-teixo. En sénior muller a vencedora foi Marta Guerrero Arribas do Arco Muralla; a subcampiona María Jõao Zagalo do Sporting Clube de Portugal; e a terceira clasificada, Noelia Pena Pardo do Arc-teixo.

Ademais das medallas e premios en metálico para os gañadores absolutos, tamén houbo agasallos (lotes de produtos de Pescadería Laura) para os xuíces e os gañadores secundarios de cada categoría. O concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso, foi o encargado de clausurar a competición.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button