EconomíaEconomíaÚltima hora

“É o primeiro premio grande que dou e espero que non sexa o último”

José Zúñiga, axente vendedor de produtos de xogo da ONCE, vendía na pasada semana a un residente no Barco o boleto premiado con 91.471,70 euros

 

O axente vendedor de produtos de xogo da ONCE, José Zúñiga, no lugar onde acostuma situarse no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Un veciño do Barco Valdeorras ganaba o pasado venres 1 de xuño un total  91.471,70 euros no sorteo do Eurojackpot da ONCE, grazas a un premio de 5 números. Este boleto agraciado foi adquirido ao axente vendedor de produtos de xogo ONCE, José Zúñiga León. “Teño dado varios premios anteriormente de 500 euros, de 750 euros, de 1.000, de 3.500 ata un de 6.000 nun cuponazo, pero deste calibre é o primeiro, e espero que non sexa o último”, comenta con satisfacción José Zúñiga.

Asegura que a Eurojackpot  é unha lotería europea moi simillar ao Euromillón, pero menos coñecida. “O euromillón leva moitos anos implantado e esta outra leva tan só catro, entón aínda que a xente a vai coñecendo, cústalle cambiar porque están acostumados, dende hai moito tempo, a facer o euromillón. Nestes momentos, a Eurojackpot  é moito mellor porque ten moito máis bote, custa menos e ten máis posibilidades de premios xa que conta case cun 20% menos de combinacións”.

Zúñiga tamén pensa que premios como o conseguido o pasado venres no Barco “daranos un empurronciño, aínda que sexa pequeno, en Valdeorras”.

 

José Zúñiga sostendo un boleto./ Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button