EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

“É unha inxustiza que a relación do Tostado con Seadur non apareza nos documentos”

Publicidade
Aurelio Blanco Trincado, presidente do IEV, impartía nesta tarde de Xoves Santo unha conferencia sobre a tradición deste viño naturalmente doce en Valdeorras

Dende tempo inmemorial vense elaborando en Valdeorras Tostado, un tipo de viño naturalmente doce e moi aprezado. Sobre esta tradición falaba na tarde deste 18 de abril nun dos lugares especialmente vencellados con este viño, Seadur (Larouco), o presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV), Aurelio Blanco Trincado. Impartía a conferencia “Seadur, o Tostado tradición secular. A Casa de Flórez” ante numerosas persoas nas antigas escolas desta localidade.

O ponente era presentado por Constantino González Rey, quen aseguraba que “o Tostado de Seadur tiña fama de ser o mellor de todos”. Indicía en que este “chamado viño de sobremesa ten unha gran tradición que se remonta a varios séculos, tradición que non se perdeu grazas aos nosos viticultores”.

A continuación, Aurelio Blanco Trincado, comezaba a súa conferencia sobre a tradición valdeorresa do Tostado apoiándose en diversas referencias históricas, documentos (entre eles algunha etiqueta de Tostado de mediados do século XIX) e botando man de testemuños orais, en especial no referido a Seadur. “Foi sempre unha inxustiza que Seadur non aparecese en documentos e que o seu viño non se tivese presentado en exposicións”, comentaba.

Segundo Blanco Trincado, está demostrado que “os tostados de Valdeorras están documentados moito antes que os do Ribeiro”. O conferenciante facía un “percorrido histórico, fixándonos nas medallas concedidas a adegas de Valdeorras dende 1771 e a asistencia ás grandes exposicións universais, como Barcelona, París, Londres, Bruxelas, etc.”. A súa intervención concluía analizando os vínculos do Pazo do Castro (O Barco) con Seadur, “onde tamén se elaboraba Tostado para o Pazo”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button