Con moita enerxía comezaban o curso os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense que nesta semana celebraban o Día Mundial da Calidade da Auga cunha limpeza na praia da Antena no río Miño.
A actuación ambiental consistiu en retirar envases de plástico, cabichas e “cun novidoso sistema de imáns retiramos do río pezas metálicas”, puntualiza o profesor Lalo que acompañou á vintena de voluntariosos xoves que participaron na limpeza xunto á profesora Cristina.
Esta actuación forma parte do programa “1 m2 por la Basuraleza” do proxecto Libera co que Ecoembes e SeoBirdLife atenden ao ODS n6 Auga Limpa e Saneamento. “Galicia é o país dos Mil Ríos e. Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense somos custodios fluviais”.
Mochilas solidarias e Semana Europea da Mobilidade
Máis alá da limpeza e coidado mediambiental Ecovixiantes de Franciscanas poñen de manifesto a súa solidariedade, aportanto o seu gran de area á campaña da Fundación Amigos de Galicia sobre mochilas solidarias e axuda á poboación desfavorecida para a escolarización, levando ao Centro Comercial Ponte Vella moito material: mochilas, bolígrafos e lapiseiros, libros, sacapuntas, etc.
Tamén comezaban a Semana Europea da Mobilidade coa realización de carteis artísticos que promoven o uso do transporte público, a bicicleta o andar “como xesto para frear a contaminación dos automóbiles de
combustión”.
Fotos cedidas.