OurenseÚltima hora

Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense fan un “chamamento urxente para depositar tapóns solidarios”

 

Os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense terminaban nesta semana con todas as existencias de tapóns solidarios, por iso fan un “chamamento urxente para depositar no Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM (rúa Cardenal Quevedo Nº 27) tapóns de todo tipo e garrafas de auga de 5,6 e 8 litros para o seu envasado”. Gonzalo Sánchez é o ecargado de levar o cargamento a Xinzo de Limia.

A solidariedade deste grupo non se detén axudando ao medio ambiente coa súa recollida e a posta en funcionamento da economía circular, realizando tamén un labor de axuda a mozos que o precisan.

Campaña de liberación de libros

De todos é sabido que o labor dos Ecovixiantes non só se refire ao ámbito medioambiental. Nesta ocasión a profesora Cristina Bravo prepara cos voluntarios unha liberación masiva de libros que farán coincidir coa celebración do Día do Libro.

 

 

Trátase dunha actividade que fomenta a lectura e que esperta a curiosidade de aquelas persoas que collerán un dos libros e que despois liberarán en calquera punto da cidade.

 

 

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button