CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Educación para a saúde no CEIP Condesa de Fenosa do Barco

O alumnado de 3° e 4° curso de Primaria participou no obradoiro de primeiros auxilios "Pupas, sustos e outros desgustos"

 

Na liña de educación para a saúde coa que levan anos traballando, o CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras está nestes días inmerso na concienciación do alumnado no coidado da súa saúde, dende a alimentación e os hábitos de vida saudable ata os coidados sanitarios dos primeiros auxilios.

No que atinxe aos hábitos de alimentación, “amais das recomendacións dietéticas que achegamos na minuta mensual do noso comedor, levamos quince días co plan de almorzos saudables nos que durante a hora do recreo fixemos entrega dunha peza de froita e un caartón de leite a todo o alumnado”, explican dende o centro.

 

 

E no que se refire aos coidados sanitarios veñen de participar no obradoiro de primeiros auxilios “Pupas, sustos e outros desgustos”, principalmente práctico, que ensina dun xeito lúdico a actuar fronte de determinadas situacións que poden afectar á saúde dos pequenos e á das persoas que os rodean. “Neste obradoiro participou o alumnado de 3° e 4° curso de Primaria seguindo as recomendacións da OMS que aconsella realizar esta formación antes dos 12 anos”, puntualizan dende o colexio.

Ao remate do obradoiro o alumnado recibiu un diploma acreditativo do seu paso polo obradoiro e todo canto aprendeu desta actividade.

Fotos: CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button