CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Educación prepara un Plan de Ensino virtual ante posibles peches ou confinamento

En caso de ser necesario, os centros terán un prazo dunha semana para establecer un “horario espello” virtual da educación presencial

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Roman Rodríguez, na presentación do plan.

 

Nos próximos días a Xunta publicará unha resolución para poñer en marcha o Plan de Ensino virtual ante o Covid-19 que supoñerá ampliar os actuais recursos dixitais a todos os centros para facer fronte a posibles casos de peches de aulas por corentenas ou mesmo un confinamento total.

Un caso “hipotético e non desexable” este último, segundo asegurou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na presentación, que espera que non sexa preciso pero que o seu departamento quere ter “previsto” e nun curto espazo de tempo. De feito, os centros terán un prazo dunha semana para establecer un “horario espello” virtual da educación presencial, unha vez que se publique a resolución.

Trátase, explicou Román Rodríguez, de establecer unha “réplica virtual non presencial” da educación para que os alumnos poidan continuar a súa formación en casa, ben a través da plataforma de viodeconferencia institucional ou da aula dixital, unha web en estana organizados os contidos das unidades didácticas. Este plan de educación non presencial implantarase desde terceiro de Educación Primaria, a partir dos oito anos, e incluirá a distribución de dispositivos electrónicos ao alumnado máis vulnerable, así como a formación de profesorado.

Neste sentido, Rodríguez destacou que un total de 26.257 profesores recibiron ou están a recibir formación sobre as novas ferramentas tecnolóxicas, 7.000 de euros xa durante o último trimestre do curso anterior.

O Plan pode consultase neste enlace: 20201102PlanEnsinoVirtual

 

Artigos relacionados

Back to top button