CulturaEducaciónÚltima hora

Educación propón iniciar o vindeiro curso para os pequenos o 10 de setembro

Nos cursos superiores de ESO, Bacharelato e Formación Profesional a proposta de inicio é o 16 de setembro

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional comunicou hoxe a proposta de calendario escolar para o vindeiro curso 2020/21 nos centros públicos. Así, para os alumnos matriculados en 2º ciclo de infantil, primaria e educación especial a proposta é a de comezar o 10 de setembro e rematar o 22 de xuño de 2021. Desta forma, para os matriculados en ESO, Bacharelato, e Formación Profesional o curso comezaría o 16 de setembro e remataría o 30 de xuño de 2021.

 

Imaxe de arquivo dun curso anterior. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Por outra banda, os períodos de vacacións que se establecen son os de Nadal (desde o 23 de decembro de 2020 ata o 7 de xaneiro de 2021, ambos inclusive); Entroido (os días 15, 16 e 17 de febreiro de 2021) e Semana Santa (desde o 27 de marzo ata o 5 de abril de 2021). Ademais, tampouco serán días lectivos as festas de ámbito estatal e os festivos oficiais de cada comunidade autónoma, así como o Día do Ensino (7 de decembro). Os comedores escolares funcionarán dende o 10 de setembro en Educación Primaria, e dende o 16 de setembro en ESO.

 

Artigos relacionados

Back to top button