OurenseÚltima hora

EFF Rosalía e Mulleres de Ourense xogan un partido de fútbol contra o cancro de mama

 

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, tomaba parte onte nun partido benéfico contra o cancro de mama.

O encontro, disputado no campo municipal de fútbol de Oira, celebrouse en beneficio da Asociación Española contra o cancro en Ourense, á que irá destinada a recadación obtida. No partido enfrontáronse o EFF Rosalía fronte ao equipo Mulleres de Ourense, conformado por mulleres do eido da comunicación, da política, do sector sanitario e do ámbito empresarial.

Artigos relacionados

Back to top button