CulturaCulturaÚltima hora

“El eco de otras voces”, o filme sobre o deseñador trivés Adolfo Domínguez, inaugurará o 29º OUFF

O Ourense Film Festival (OUFF) acollerá a estrea desta película, que dirixe Adriana Domínguez, filla do deseñador galego e presidenta executiva da marca de moda

Cedida.

 

O Ourense Film Festival (OUFF) comezará a súa 29º edición o próximo 27 de setembro cunha estrea mundial, o da película “El eco de otras voces”, sobre a traxectoria do deseñador Adolfo Domínguez, orixinario das Terras de Trives. Asinada por Adriana Domínguez, filla do empresario e actual presidenta executiva da marca de moda, proxectarase tras a gala inaugural que terá lugar no Auditorio de Ourense.

“El eco de otras voces” é unha longametraxe sobre a vida e traxectoria dunha das figuras máis destacadas na historia da moda en España, creador de emblemas como “la arruga es bella”, que recollen toda unha filosofía que marcou unha época.

A través da mirada de Adriana Domínguez a longametraxe saca á luz os aspectos infrecuentes dun home poliédrico, no que caben os seus éxitos internacionais, e os seus desencontros profesionais e familiares. Ademais, descobre algúns capítulos da súa vida menos coñecidos como a súa infancia en Trives, o seu paso polo cárcere franquista ou os seus anos universitarios en París. “El eco de otras voces” realizouse co apoio da Deputación de Ourense.

O OUFF está organizado pola Fundación Carlos Velo co patrocinio principal da Deputación de Ourense e o apoio da Xunta de Galicia.

Back to top button