CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“El Musical de los 80’s y los 90’s” recalará no Centro Cultural Avenida da Rúa o 19 de novembro

 

Do reencontro dos amigos do instituto 25 anos despois, reunidos na Movida del Bacalao para lembrar unha época que marcou a vida dos seus protagonistas, ao ritmo da mellor música daquela xuventude sen redes sociais, parte El Musical de los 80’s y los 90’s a comedia musical que, da man de Pares o Nones está percorrendo teatros de toda España e chegará á Rúa no mes de novembro.

Será no Centro Cultural Avenida o domingo 19 de novembro ás 19 horas e as entras están á venda por internet en woutick.es e tamén no Concello da Rúa.

Segundo Pares y Nones, o “mellor musical ochentero do momento no que o público compartirá a experiencia dos personaxes, cantando, bailando e sendo cómplices de cada un deles. O mellor pop español dos 80 e 90 mestúrase con éxitos internacionais e coas mellores cancións do verán que marcaron a nosa mocidade”.

Artigos relacionados

Back to top button