EconomíaEconomíaÚltima hora

Eleccións na vindeira asemblea da Asociación Empresarial de AEVA, o 17 de setembro

Imaxe da última asemblea presencial celebrada por AEVA, en novembro de 2019./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) vén de convocar aos seus asociados a unha asemblea que se celebrará o vindeiro venres, día 17 de setembro de forma presencial ás 20,30 horas (en segunda convocatoria), no Salón de Actos do Teatro Loureiro Olmo. Será unha asemblea xeral ordinaria e extraordinaria na que abordarán, entre outras cuestións, a memoria de actividades 2020 e as contas do pasado exercicio.

Tamén se procederá á elección de presidente da asociación, así como dos demais membros da súa xunta directiva. “Informouse ás empresas asociadas de que o prazo para a presentación de candidaturas finaliza hoxe, mércores, día 15 de setembro, as 20:00 horas, e que estas candidaturas deben conter un presidente, catro vicepresidentes, un secretario, e oito vogais”, tal e como se informa dende a asociación. Ao finalizar a asemblea celebrarase o acto de recoñecemento ás empresas que cumpren 20 anos en AEVA.

“Aínda que a celebración do acto público de recoñecemento aos que foron presidentes de AEVA, Carlos Terán Díaz e Santiago Melo Moreno, estaba previsto inicialmente para a clausura da asemblea, como consecuencia das restricións de aforo en espazos pechados, a xunta directiva decidiu trasladar este evento ao sábado, día 18 de setembro, ás 20:30 horas, na Praza José Otero do Barco”, tal e como adianta AEVA.

Artigos relacionados

Back to top button