En portadaÚltima hora

Elimínase a prohibición de reunión de non conviventes no Barco

Esta restrición mantense nun total de 60 concellos galegos, entre eles Verín, O Carballiño, Ourense e Xinzo

Panorámica da vila do Barco./ Foto: A.R.

 

A prohibición de reunión de non conviventes, que se aplicaba no Barco dende primeiros de outubro, queda levantada a partir do decreto 179/2020, do 4 de novembro, publicado na noite de onte no Diario Oficial de Galicia. Así, dende as 00h. deste 5 de novembro volven permitirse no Barco as reunións de non conviventes ata un máximo de 6 persoas, tal e como confirma a Consellería de Sanidade.

“Con efectos desde as 00.00 horas do 5 de novembro de 2020, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, agás nos concellos citados no número 2, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, quedará condicionada a que non se supere o número máximo de seis persoas, agás que se trate de persoas conviventes. A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso privado quedará condicionada a que non se supere o número máximo de seis persoas, agás que se trate de persoas conviventes”, segundo o decreto.

Os concellos nos que se aplica esa restrición e que aparecen citados no número do mencionado texto normativo son un total de 60: A Coruña, xunto con Arteixo, Culleredo, Cambre e Oleiros; o concello de Lugo en solitario; Santiago con Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra e Vedra; Ferrol, con Ares, Fene, Neda, Narón e Mugardos; Ourense, con Amoeiro, Barbadás, Coles, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao e Toén; Pontevedra, con Vilaboa, Ponte Caldelas, Poio, Marín, Barro, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade e Soutomaior; Vigo con Mos, Nigrán, Gondomar, O Porriño e Redondela, ademais de Vimianzo, Monforte, Burela, Viveiro, O Carballiño, Verín, Xinzo, Cangas, A Estrada, Lalín, Silleda, Ponteareas, Tui, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa e Vilagarcía de Arousa.

O decreto pode consultarse aquí:

AnuncioC3B0-041120-1_gl copia

Artigos relacionados

Back to top button