PolíticaÚltima hora

Emilia Somoza será a nº 2 na candidatura do BNG en Viana do Bolo ás eleccións municipais

Emilia Somoza co cabeza de lista do BNG en Viana, Secundino Fernández./ Cedida.

 

A asemblea local do BNG de Viana do Bolo aprobaba por unanimidade a proposta para que Emilia Somoza vaia de nº 2 na candidatura do BNG as próximas eleccións municipais. Emilia Somoza Basalo saíu elixida concelleira do BNG de Verín no 2015 e no 2019 onde ocupou o 2º lugar. Actualmente concelleira de Cultura, Educación e Festexos no Concello de Verín dende o 2015 dentro do goberno de coalición entre o BNG e PSOE. “Neste tempo realizou unha grande laboura na súa área, o que significou un cambio fundamental con respecto aos gobernos anteriores do PP. Un traballo recoñecido pola veciñanza de Verín. Como dí Emilia vaise de Verín con respecto e cariño da xente e o orgullo do traballo ben feito”, destacan dende o BNG.

Emilia naceu fai 64 anos en Viana do Bolo, mantendo sempre unha grande relación persoal e familiar coa terra que a viu nacer. Funcionaria da axencia tributaria con derradeiro destino en Verín onde se xubilou no 2018. A súa idea era volver a Viana unha vez acabada a lexislatura en Verín a vivir unha vida de xubilada, pero como di Emilia: “os ánimos da xente da pé e as compañeiras e compañeiros do BNG de Viana, que depositaron a confianza en min, animáronme a aceptar con agrado a proposta de ir de 2º na candidatura”

Emilia Somoza “aporta a experiencia de oito anos de goberno con honradez nun concello como Verín, ten gañas de traballar e o que é mais importante un inmenso amor pola súa Viana natal e polas súas veciñas e veciños”, resaltan dende o BNG vianés.

“Se se me ofreceu a oportunidade de aportar esperanza de vida e cambio a Viana, o meu sitio non está no sofá, está ao lado da xente que merece e loita por este cambio”, asegura Somoza.

Artigos relacionados

Back to top button