Un ano máis por estas datas o salón de actos do IES Martaguisela do Barco de Valdorras acollía a graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Un acto moi especial, emotivo e festivo con grandes doses de nervios e emocións que se ían intercalando nunha gala moi coidada.
Non faltaban os discursos por parte do profesorado e, por suposto, as intervenciós do alumnado recordando con agradecemento, agarimo e humor os seis anos neste instituto barquense. Tamén se proxectou o tradicional vídeo recordatorio antes de proceder á entrega dos diplomas e da imposición de bandas por parte dos titores, aos case 60 alumnos que comezan unha nova etapa.

Fotos: Mónica G. Bellver salvo a última da galería que é cedida.



