CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

En marcha a campaña de socios do Centro de Deportes Barco

Publicidade

 

Aínda que estes días por desgraza son os incendios os que copan a actualidade na comarca de Valdeorras, a vida segue e dende o Centro de Deportes Barco puxeron xa en marcha a campaña de socios 2022/2023, con pancartas promocionais en diferentes puntos da vila.

Para esta campaña que está xa en marcha os afeccionados do CD Barco contan con cinco tipos de carné: estudante (50 euros); normal (90 euros); ouro (120 euros); familiar (140 euros) e platino (200 euros). Este último, que é para Tribuna, creárono este ano como previa ao 50º aniversario que celebrarán no 2023 e quen o faga “terá acceso a todos os partidos de pretempada, non pagará en ningún Día do Club nin tampouco no caso de play off, ademais de ter dous partidos gratis fóra, nos campos que queiran”, explica o presidende do club Nilo Ramos.

O propio Ramos puntualiza que a todos os que recollan os carnés antes do 15 de agosto cobraránselle 10 euros menos, respectando o prezo do ano pasado.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button