ConcellosEn portadaO BarcoÚltima hora

En marcha a campaña informativa para o colector marrón de materia orgánica, no Barco

 

Na mañá deste xoves 21 de decembro poñíase en marcha a campaña de sensibilización e divulgación do proxecto “Voluntariado marrón”, posto en marcha polo Concello do Barco para a instalación de contedores específicos para a recollida de materia orgánica, coa instalación dunha carpa na praza do Concello, na que se ofrece información a todos os interesados. Estivo de 10:30 a 13:30 horas e volverá abrirse de 15:30 a 18:30 horas.

Na carpa, os interesados poden anotarse a esta iniciativa, que é voluntaria para os que queiran colaborar. Para facer uso dos novos colectores é preciso ter unha chave, a cal se poderá recoller tamén no posto informativo e, xunto coa chave proporciónase un cubo de 10 litros, bolsas compostables e un folleto informativo para facer un bo uso do colector.

 

 

Nas próximas semanas, e ata o inicio da instalación dos contedores marróns nas rúas (instalaranse a partir do 8 de xaneiro), realizaranse accións formativas a pé de rúa, e as campañas de sensibilización seguirán nos seguintes meses.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button