DeportesÚltima hora

En marcha a IV Carreira Contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín

As persoas rexistradas neste evento poden participar nas diferentes modalidades de forma virtual ata o 21 de novembro

 

Dende o xoves 18 de novembro, Día Mundial do Cancro de Páncreas, está en marcha a IV Carreira das Cidades 2021 de Vilamartín, que de novo nesta edición será virtual. Todos os rexistrados poden participar ata o domingo 21.

Dende a organización deste evento deportivo e solidario, en mans de Acapaval, tamén apuntan que, “para os que aínda non estades rexistrados e queirades participar e colaborar coa causa, ata as 23:59 horas do domingo 21 aínda estades a tempo de facelo”. Os pasos a seguir, explican, son os seguintes: “accede á seguinte ligazón e inscríbete: https:// lastlap. com/net/carreira- cancer- pancreas/ . Podes realizar ata 6 inscricións dunha vez. Unha vez rexistrado, recibirás un correo electrónico de confirmación”.

 

Participantes nunha edición anterior da Carreira do Cancro de Páncreas de Vilamartín./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A continuación haberá que descargar a aplicación. “Se queres rexistrar a túa participación e compartir fotos podes facelo descargando a aplicación móbil e accedendo cos vosos datos:
a. GOOGLE PLAY”:
https:// play. google. com/ store/ apps/ details?ide= com. sportmaniac_ao vivo_ app_ android.carreira_cidades
b. APP STORE: https:// apps. apple. com/ us/ app/ carr-cidades- c% C3%A1 ncer- p% C3%A1 ncreas/ide1536152909

Pódese participar ata o domingo 21 de novembro. Para iso, os participantes deberán elixir un lugar, unha data e unha hora, activar a aplicación e realizar o percorrido que desexado. Polo de agora na carreira valdeorresa lévanse realizado un total de 474 inscricións.

 

 

Dende a organización tamén destacan a importancia de evitar as aglomeracións e cumprir coas normas sanitarias actuais. E lembran que “todos aqueles que desexan facer unha doazón teñen á súa disposición o Dorsal 0 no formulario de inscrición https:// lastlap. com/net/carreira- cancer- pancreas/ ou se o prefiren poden facer un ingreso directamente á conta de ACAPAVAL indicando “DOAZÓN CANCRO PÁNCREAS”:
− ASOCIACIÓN CANCRO DE PÁNCREAS DE VALDEORRAS (ACAPAVAL)
− CAIXA BANK − ES31 2100 4346 0302 0018 5639
− CCC: 2100 4346 03 02 00185639

Máis información: https:// carreracancerpancreas.es/

Artigos relacionados

Back to top button