ConcellosEn portadaÚltima hora

En marcha o dispositivo para proceder ao desafiuzamento de Irosa-Samaca

 

Pasadas as dez desta mañá chegaba ás instalacións da empresa Irosa-Samaca a secretaria xudicial, xunto a efectivos da Garda Civil para proceder a execución do desafiuzamento da empresa. Facíano ante a mirada dos representantes do comité de empresa, de sindicatos e de traballadores, pero sen incidentes.

 

 

Segundo puido saber este medio de comunicación, e tras o acordo ao que chegaban onte os representantes da Comunidade de Montes de Portela e Trigal e a a empresa, vanse pechar as instalacións poñendo unha cadea, pero non se vai proceder a cambiar as pechaduras.

Ademais, representantes da empresa e da comunidade, xunto á secretaria xudicial reuníanse nas oficinas da mesma empresa, un encontro no que podería asinarse xa o acordo entre as partes.

En canto se teñan máis datos, ampliarase información.

 

Artigos relacionados

Back to top button