SanidadeÚltima hora

En Valdeorras, a vacinación da 4ª dose do Covid comeza nas residencias de Asfaval e Fátima, no Barco

 

Na mañá deste luns 25 de setembro a Xunta de Galicia comezaba a vacinar coa cuarta dose do Covid-19 a todas as persoas usuarias dos centros sociosanitarios galegos, un total de 22.000. No día de hoxe, vacinaranse ao redor de 3.700 persoas, usuarias de 45 centros. A todos eles tamén se lles ofrece a vacina da gripe. No caso de Valdeorras comezaban polos usuarios das residencias de Asfaval (13) e Fátima (68), no Barco.

A previsión é que este proceso de vacinación nas residencias dure dúas semanas, momento no que se reabrirán os grandes recintos para vacinar ás persoas maiores de 80 anos e, en orden descendente, chegar ata os maiores de 60.

Segundo avance esta poboación diana, tamén se iniciará a vacinación dos profesionais sanitarios e sociosanitarios.

Sengundo informan dende a Consellería de Sanidade, a nova vacina contén as variantes BA.4 e BA.5 de Omicron.

Artigos relacionados

Back to top button