ConcellosO BarcoÚltima hora

En Viloira (O Barco) bótase en falta o sinal de entrada a esta localidade

Imaxe actual da entrada a Viloira onde continúa a base do cartel de sinalización./ Foto: A.R.

 

Hai xa moito tempo que á entrada de Viloira, xunto aos xardíns, non pode verse un cartel anunciando a chegada a esta localidade do concello Barco, como si sucede noutros núcleos de poboación do municipio. Algo que bota en falta a veciñanza.

 

Foto de hai varias décadas onde pode verse o cartel, nos xardíns de Viloira, e a sinalización da estrada./ Foto cedida.

 

Non se recorda exactamente canto tempo hai que o lugar que ocupaba está baleiro, se ben permanece nel o poste que suxeitaba esa sinalización. Contan que quizais puido desaparecer cando se reformaron as beirarrúas e mudou o aspecto dos xardíns. En todo caso aseguran que lles gustaría que a entrada desta localidade vólvese a contar coa sinalización que ata hai uns anos tiña.

Artigos relacionados

Back to top button