Unha vintena de nenos participaban nunha actividade de manualidades e contacontos na tarde do 16 de novembro
Botando man de diversos materiais reciclados, unha vintena de nenos de entre 3 e 9 anos participaban na actividade de manualidades “O encantador de serpes”, que tiña lugar na Biblioteca do Concello de Verín na tarde do 16 de novembro. Esta proposta completábase ademais cun contacontos.
Esta iniciativa lúdica, creativa e de animación á lectura estaba coordinada por nenos/as voluntarios/as, de entre 9 e 17 anos e polo persoal da Biblioteca Pública Municipal de Verín.
Fotos: Biblioteca do Concello de Verín.