
O emprendemento innovador é unha das claves no futuro económico de Ourense e de Galicia. Así o destacaba o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, durante o encontro de traballo mantido con representantes de AJE Ourense en Celanova. Encontros como éste, en palabras de Conde, “permiten compartir e coñecer as ideas e proxectos empresariais que fan de Ourense un elemento dinamizador da Comunidade”.

Ademais o conselleiro referíase de maneira directa á provincia, sinalando que, no que vai de ano, Ourense suma máis de 200 novas empresas, “dato que reflicte o seu impulso emprendedor e que mellora en 12 puntos porcentuais o acadado nos cinco primeiros de 2014”. Asemade apuntaba durante o acto que estes e outros proxectos conforman unha xeración de emprendedores chamada a crear riqueza e emprego na provincia.