En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Encontro entre a Virxe e o Resucitado neste Domingo de Pascua no Barco

 

Coa procesión e misa de Resurrección culminaba este mediodía no Barco o programa da Semana Santa. A celebración principiaba ás 12h. coa saída da imaxe da Virxe, coa cabeza cuberta cun manto negro, da igrexa de Santa Rita para iniciar unha procesión que seguía pola rúa España para, deseguido, continuar por Eloi Rodríguez Barrios e a rúa da Valorca ata volver á praza do Príncipe.

 

 

Alí, nas escalineiras que dan acceso á igrexa, agardaba por ela a imaxe do Resucitado. Nese momento, producíase o encontro entre ambos e o párroco barquense retirada o manto escuro da imaxe. A partir de aí, as imaxes eran levadas ata o interior do templo de Santa Rita, onde continuaba a celebración a misa da Resurrección do Señor.

 

 

Por segundo ano os actos do Domingo de Pascua teñen como escenario a igrexa de Santa Rita, anteriormente facíanse na de San Mauro, sendo o momento do encontro no Porto da Barca.

No decurso da procesión a Policía Local do Barco encargábase de regular o tráfico.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button