CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Encontro literario co autor e a ilustradora de ‘Pedro, o piloto de gaivotas’ no CEIP Condesa de Fenosa do Barco

Manuel Darriba e a Aída Alonso presentaron o libro e compartiron un taller con nenos e pais

 

Na tarde deste xoves 23 de maio, a Biblioteca do CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco acollía un encontro co escritor Manuel Darriba e a ilustradora Aída Alonso, autores do libro ‘Pedro, o piloto de gaivotas’.

Trátase dunha actividade que forma parte do Programa Lectura e Familias, para toda a Comunidade Educativa, na que Darriba e Alonso presentaron e contaron o libro de Pedro, inspirado no fillo do autor eque  fala dun neno que ten unha discapacidade e sae a voar nunha gaivota.

 

Manuel Darriba e Aída Dosouto.

 

“O libro conta a historia do neno que o pasa ben voando na gaivota onde atopa o seu lugar de felicidade pero o trasfondo do que falamos sempre nos encontros é a inclusión de todas as persoas con algún tipo de diversidade”, conta Manuel.

Con respecto ás ilustracións, Aída levou ao colexio os orixinais sobre os que traballaban os cativos no taller, con plantillas que recurtaban e pintaban. “Eu traballo con debuxos en papel que vou superpoñendo para crear volume e despois fago fotos que son as que aparecen no libro con efecto de relieve, as sombras que proxectan”, conta a ilustradora.

 

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button