O socialista Enrique Álvarez Barreiro vén de ser investido alcalde do seu municipio natal, Vilamartín de Valdeorras. A sesión constitutiva da nova Corporación xurdida das eleccións do 28M comezaba as 11h., nela tomaban posesión dos seus cargos 3 concelleiros do PP e 6 do PSdeG-PSOE, despois Enrique Álvarez Barreiro resultaba elixido alcalde por maioría absoluta e era investido como rexedor local.
Esta é a quinta vez que Álvarez Barreiro asume o cargo de alcalde de Vilamartín. A primeira vez foi en 2011 (sendo a lista máis votada pero non con maioría absoluta) e dende, xa con maioría absoluta, a partir do 2013 de forma ininterrompida.
Fotos cedidas.