Despois duns días intensos marcados polas saídas dos fulións e dos Boteiros, pola música e os xantares colectivos, Vilariño de Conso despedía o seu Entroido, declarado festa de interese turístico galego. E facíao na tarde do 26 de febreiro co Enterro da Sardiña.
Arredor das 19h. comezaba esta celebración que remataba cunha saborosa sardiñada no polideportivo de Vilariño, seguida dunha sobremesa a base de deliciosas torrexas e chocolate.
Fotos cedidas.