EconomíaEconomíaÚltima hora

Entre brindes da IPA valdeorresa La Faraona, na 1ª Feira da Cervexa Artesá da Rúa

A do 21 de outubro ten sido a derradeira xornada para desfrutar do sabor da cervexa artesá galega na Rúa. O recinto da estación da autobuses desta localidade acolle dende a tarde do venres 19 de outubro a 1ª Feira da Cervexa Artesá e Artesanías. Entre as referencias que poden degustarse nesta mostra está a IPA Valdeorras “La Faraona Craft Beer”, que elabora o vilamartinés Tony Álvarez. É a primeira cervexa artesá da comarca de Valdeorras. Presenta unha tonalidade dourada clara, é bastante escumosa e dun amargor suave.

Tras a súa exitosa presentación no Paladium en agosto, La Faraona volve reencontrarse co público valdeorrés nun novo evento centrado nas cervexas artesás, desta volta na Rúa. Esta feira está organizada pola ADICCAG, Asociación para a Divulgación da Cultura Cerveceira Artesá de Galicia, coa colaboración do Concello.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button