Esta localidade celebraba o tradicional magosto na tarde do 7 de novembro
En torno ao Toural se reunían os veciños da Veiga para participar na celebración do magosto na tarde do 7 de novembro. Esta festa tradicional iniciábase a partires cinco da tarde e, ademais de castañas ou “bullotes”, nela tamén había degustacións de chourizo, panceta á brasa, viño novo e, como broche, a tradicional queimada.
Fotos cedidas polo Concello da Veiga.