OurenseÚltima hora

Entrega de distincións do programa STARS na Subdelegación do Goberno en Ourense

A Dirección Xeral de Tráfico expediu as acreditacións a tres centros educativos da provincia, dous da cidade e un de Verín

Foto da entrega de premios na Subdelegación do Goberno en Ourense.

 

Na mañá do 20 de setembro, o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González; o xefe provincial de Tráfico, David Llorente; a subxefa Provincial de Tráfico, Andrea Conde; e o capitán cefe do subsector de Tráfico da Garda Civil, Ángel Rafael Rodríguez, facían entrega das distincións que a Dirección Xeral de Tráfico expediu a tres centros educativos da provincia participantes no programa europeo STARS.

O proxecto, Acreditación e Recoñecemento de Desprazamentos Sostibles para Colexios, ten como obxecto animar e premiar aos centros educativos de primaria e secundaria que fomenten entre o seu alumnado os desprazamentos sostibles e seguros, a pé ou en bicicleta ou en transporte público, co fin de coñecer e, no seu caso, transformar o entorno máis inmediato para mellorar a mobilidade escolar, involucrando a toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e nais-pais).

Froito da colaboración da Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense cos diferentes centros escolares da provincia durante o curso 2018-2019, foron expedidas catro acreditacións: unha de nivel prata ao centro concertado  Cardenal Cisneros de Ourense; dúas de nivel prata para Primaria e Secundaria do centro plurilingüe Divina Pastora de Ourense; e unha de nivel ouro para Secundaria do centro plurilingüe María Inmaculada de Verín. O centro verinés acadou a puntuación máis alta en toda España, entre outros motivos, por ser o primeiro centro que cursou unha materia específica de mobilidade, “Mobilidade sostible e segura”, deseñada en Galicia pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia e pola DXT, dispoñible para Secundaria e cursada polos dous cursos de Segundo da ESO.

Durante a celebración do acto, o subdelegado do Goberno, Emilio González, transmitiulles aos premiados a felicitación en nome do Goberno e salientou a importante labor que realizan en defensa do medio ambiente e da seguridade vial. Asimesmo, manifestou o desexo de que nos vindeiros cursos se sumen máis centros educativos a este tipo de proxectos, a veces non tan promocionados e a miúdo bastante silenciosos que dan a medio e a longo prazo un resultado moi beneficioso para toda a comunidade”.

Á entrega das distincións acudiron representantes do alumnado e do profesorado dos centros premiados que expuxeron a variedade de actividades que realizan dentro do Programa STARS e que lles supuxo a consecución das acreditacións.

Artigos relacionados

Back to top button