EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Entrega de premios da Cata Popular da 56ª Feira do Viño do Ribeiro

Unhas 200 persoas participaban neste concurso no que é o público quen cata e puntúa os brancos e tintos das adegas e colleteiros presentes na mostra, que se celebraba do 3 ao 5 de maio en Ribadavia
As adegas e colleteiros premiados na cata popular, cos seus galardóns.

Na tarde deste 5 de maio tiña lugar a entrega de premios da Cata Popular da 56ª edición da Feira do Viño do Ribeiro. Neste concurso é o público final o que cata e premia os viños brancos e tintos das adegas e colleiteiros asistentes á mostra, instalada dende o 3 de maio no recinto da Alameda de Ribadavia. O total das 40 marcas presentadas a concurso (13 viños brancos de bodegas, 11 brancos de colleiteiros, 8 tintos de adegas e 8 tintos de colleiteiros) foron valoradas en cata a cegas, é dicir, sen coñecer a marca do viño que se estaba probando.

Na categoría de Viños Brancos de adegas o primeiro premio recaía en Ramón do Casar 2018, da Adega Ramón do Casar, e o viño Alter 2018 de Priorato de Razamonde recibía o segundo premio. No apartado de Viños Brancos de Colleiteiro o primeiro premio correspondíalle a Eduardo Bravo 2018 de José González Álvarez e ao viño Catro Ferrados 2018 de José Varela Aguado, o segundo. Finalmente, na categoría de Viños Tintos, o mellor valorado de Colleiteiros era o Cuñas Davia 2017 de Adegas Valdavia e, no caso das adegas, resultaba premiado o Priorato de Razamonde 2017 de Priorato de Razamonde.

Este acto contaba coa asistencia do presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, do alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez Pérez (coorganizadores do evento), entre outra autoridades. Na súa intervención, Juan Manuel Casares resaltou “o nivel dos nosos brancos que poden competir cos mellores do mundo e a potencialidade de futuro dos nosos tintos”.

O presidente da D.O. Ribeiro fixo balance da xestión realizada durante os 19 meses que leva á fronte do Consello Regulador, facendo fincapé nas medidas implementadas en material económica e de control sinalando que “desenvolvimos unha estrategxia contundente contra a fraude no uso da marca Ribeiro e só é Ribeiro aquela botella que leva precinta de garantía”. E, finalmente, aludía á campaña O Camiño do Viño, asegurando que “constitúe unha aposta decidida por dinamizar o noso territorio a través dun plan de acción que o promocione como destino enoturístico, utilizando o viño Ribeiro e a riqueza da nosa historia como fíos condutores”.

Polo súa banda, o rexedor de Ribadavia, Ignacio Gómez, sumábase ás felicitacións adegueiros e colleiteiros, lembrando ademais que para “unha gran feria hai que dedicar moito traballo e esforzo, tanto de adegas e colleiteiros como dos viticultores. Este evento é unha posta en valor do noso produto estrela, o viño e ademais dos premiados, ganadores da cata popular, ganamos todos”.

 

Artigos relacionados

Back to top button