EconomíaEconomíaÚltima hora

Entrega de premios dos XXVI Cata dos Queixos e da XXII Cata dos Meles de Galicia

 

Este mediodía procedíase á entrega dos premios da XXVI Cata dos Queixos e da XXII Cata dos Meles de Galicia na Quinta da Auga, en Santiago. O conselleiro do Medio Rural, que presidía a cerimonia, cualificaba este concurso de catas como un dos “eventos de referencia” para produtores e envasadores da comunidade, pero tamén, por suposto, para os consellos reguladores de queixos con denominación de orixe -San Simón da Costa, Cebreiro, Queixo Tetilla, Arzúa-Ulloa e Arzúa-Ulloa Curado- e o da Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia presentes nestas catas e nas que houbo premiados por cada unha delas.

O panel de catas estivo integrado por 19 expertos que analizaron de forma “minuciosa”, como sinalou o conselleiro, as 54 mostras de 25 industrias de mel e as 47 de queixos pertencentes as 30 queixerías. Entre elas, seleccionáronse as mellores de cada categoría e o conselleiro do Medio Rural resaltou o labor que desempeñan e a súa capacidade de plasmar a tradición e a calidade do bo facer.

Os premiados desta edición son os seguintes

 

No marco deste acto, e dentro da aposta pola promoción da calidade dos nosos produtos, o conselleiro do Medio Rural presentou a campaña de promoción “Os Catro Grandes de Galicia”, que busca fomentar o consumo dos queixos galegos con certificación de calidade nestas datas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button