O acto tiña lugar no salón de actos do edificio multiusos do Barco na mañá do 30 de marzo
Tras seis meses de actividade, o obradoiro de emprego valdeorrés “Camiño de Inverno” vén de concluír. Na mañá do 30 de marzo procedíase á entrega de diplomas aos participantes nesta acción formativa en materia de albanelería e carpinteiría.
O tenente alcalde do Barco, Aurentino Alonso, agradezou o seu traballo aos alumnos participantes e animounos a continuar no mundo da construción, onde hai “oportunidades en eidos como o da restauración e rehabilitación, que demandan xente formada e con ganas de traballar”.
Neste obradoiro participaban varios concellos da comarca de Valdeorras, entre eles O Barco, Vilamartín, A Rúa e Petín.
Fotos: Carlos G. Hervella.