CulturaCulturaÚltima hora

Entréganse os premios do XV Concurso de Fotografía Rosa Pons de Parada de Sil

O alcalde de Parada de Sil, coa premiada Adriana Mateo e co concelleiro Manuel González./ Foto cedida.

 

Veñen de entregarse os premios do XV Concurso de Fotografía Rosa Pons de Parada de Sil, cuxo fallo se daba a coñecer o 22 de agosto. O acto tiña lugar este xoves no salón de plenos do Concello ás sete e media da tarde, nun acto público no que podían verse as fotos participantes.

Unhas 313 fotografías presentábanse a esta concurso. Foron realizadas por autores de 15 comunidades de España e de países estranxeiros como Porugal, Colombia, Venezula ou Brasil optaban aos galardóns deste concurso, que conta co patrocinio do empresario de Parada de Sil afincado en Barcelona, Camilo Yáñez.

Este ano a gañadora do primeiro premio da modalidade “Visións” de Parada de Sil foi a ourensá Adriana Mateo, asistente ao acto, que recibía 800 euros, quedando en segundo lugar nesta modalidade o malagueño José Maiquez cun premio de 300 euros.

Na modalidade de tema libre o primeiro premio con 700 euros foi para o ourensán Fernando Saco coa fotografía “Unha Mirada 360 graos Ourense” e en segundo lugar o madrileño Antonio Farto coa fotografía “Espíritu de Libertad”, que recibe 200 euros.

A mostra coas fotografías presentadas ao concurso poderá visitarse a partir de maña no mesmo salón, en horario de oficina.

Artigos relacionados

Back to top button