O gañador do concurso foi o cartel presentado baixo o lema “Non hai dous sen tres”
O cartel presentado baixo o lema “Non hai dous sen tres” resultou gañador do concurso do Cartel Oficial do Entroido 2018, segundo o reconto da votación popular celebrado o días 19 de decembro na Sala de Exposicións do Concello e Verín.
No proceso de votación participaron un total de 396 persoas que puideron valorar con 3, 2 e 1 punto os tres deseños que máis lles gustaron, dos 14 carteis que concursaban para ser imaxe oficial do Entroido 2018. Entre a suma dos votos da veciñanza, o cartel que máis puntuación acadou foi o número 5, de Manuela Álvarez Rojas.