Neste Entroido nin o Irrio, nin os Felos sairán polas rúas de Lumeares (A Teixeira). Sen embargo a alma desta celebración mantense viva a través de xestos cheos de arte e irreverencia como esta singular parella de bonecos, obra do escultor Cándido Caneiro de Lumeares, que representan ao Entroido e que poden verse nesta aldea do corazón da Ribeira Sacra ourensá.
E, por sorpresa, aparecía esta tarde xunto a estes Entroidos unha Madama de Lumeares.