A RúaConcellosEn portadaÚltima horaVídeos

Ergue o pano na Rúa a Baco Festa 2022

O XX aniversario do irmanamento entre A Rúa e Almendralejo foi o eixo central do pregón a cargo do concelleiro de Acción Cultural do municipio extremeño, Domingo Cruz

Publicidade

 

Un ano máis e xa van sete (sen contar os dous de parón pola pandemia) era a xuntanza sobre a Ponte da Cigarrosa, o primeiro acto da Baco Festa 2022, a feira enogastronómica que se desenvolverá dende hoxe ata o domingo na Rúa, aínda que era a lectura do pregón a cargo do concelleiro de Acción Cultural de Almendralejo, Domigo Cruz, a que marcaba o inicio oficial.

Un xesto, co que o Concello da Rúa quixo poñer en valor dunha forma explícita os fortes lazos afectivos e culturais que unen ao concello valdeorrés co municipio estremeño cando se cumpren oficialmente 20 anos do seu irmandamento oficial, asinado nun protocolo no ano 2002. Tal e como expresou o alcalde da Rúa, Álvaro Fernández, a relación entre ambos os municipios empezou a forxarse mesmo antes, a mediados dos 90, cando o Club de Fútbol Estremadura realizou a súa pretemporada no municipio valdeorrés, onde se lle cederon unhas instalacións.

 

Brinde oficial con cava de Almendralejo.

 

Durante a lectura do pregón, Domingo Cruz desculpou a presenza no acto do alcalde de Almendralejo, que non puido asistir porque precisamente leste mesma fin de semana o municipio alberga as súas festas patronais. De seguido, Cruz destacou os “fortes vínculos” que uniron durante todos estes anos a Almendralejo e A Rúa. “Estivemos na distancia unidos e sempre preocupados polo destino dos nosos habitantes, por exemplo, en tempos difíciles como os da pandemia”, destacou o concelleiro durante o pregón que remataban brindando con cava de Almendralejo.

A Baco Festa 2022 arrincou esta noite na Rúa e contará con máis de media ducia de actividades paralelas para goce de todos os públicos no recinto feiral do Aguillón. Música, gastronomía, viño e evocación do pasado romano do municipio sonn os eixos centrais da festa, na que tamén haberá actividades para os máis pequenos como accións divulgativas de piragüismo ou un espectáculo de maxia. Tamén haberá cantos e taberna e música tradicional aínda que o espectáculo máis esperado será, sen dúbida, o concerto que Fran Perea ofreza no Aguillón o domingo ás 23:30 horas que porá o broche a tres días de celebración.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as tres primeiras que son cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button