
Dende o venres 24 de maio e ata hoxe, domingo día 26 desenvólvese no polideportivo La Dehesa Alovera, en Guadalazara, a IV edición da Copa de España de Estilos Internacional de karate na que participaron oito karatekas do River Stone do Barco de Valdeorras: Aina Castro, Diego Prada, Eric Rodríguez, Brian Rodríguez, Enzo Prieto, Héctor Amaro, Raúl Pérez e Nazan Barreda.
O mellor clasificado para o club valdeorrés era Éric Rodríguez que lograba a medalla de bronce en kata alevín masculino Shotokan.
