Concellos

A Escola de Familia de Verín programa a iniciativa lúdica Kerko-Verán para nenos de 2 a 4 anos

Levarase a cabo durante os meses de xullo e agosto
Imaxe do cartel da iniciativa lúdica para nenos de dous a catro anos.
Imaxe do cartel da iniciativa lúdica para nenos de dous a catro anos.

A Escola de Familia Municipal de Verín programa a iniciativa lúdica Kerko-Verán, dirixida a menores con idades entre os dous e os catro anos, que se levará a cabo durante os meses de xullo e agosto.

Concretamente terá lugar todos os martes e xoves de 11 a 13 horas no CEIP Princesa de España. Neste tempo, os cativos que participen realizarán actividades de interación e colaboración entre eles e con adultos. Será un espazo de xogo e aprendizaxe que, ademais, facilitará a conciliación familiar e laboral. Tamén se farán actividades de fotografía, artes plásticas, pintura, baile ou música.

Para participar, é necesario inscribirse previamente no departamento de Educación Familiar do Concello de Verín ou no enderezo electrónico educadorafamiliar@verin.net ou a través do teléfono 988 414 776. Tamén se pode facer no edificio municipal do Lavadoiro e no teléfono 988 411 468.

Artigos relacionados

Back to top button