A RúaConcellosEntroido 2024Galerías de fotosÚltima horaVídeos

Espectaculares comparsas e carrozas no desfile de Entroido da Rúa

 

A espectacularidade, orixinalidade e animación marcaba o desfile do Martes de Entroido na Rúa no que participaban 11 comparsas e dous folións, ademais da charanga Paradela.

 

 

Nunha luminosa, soleada e ata cálida tarde e con case unha hora de retraso sobre a hora prevista comezaba o desfile na rúa Campogrande. Abría a comitiva a charanga e a partir de aí desfilaban as comparsas ‘Extraterrestres rueses’, ‘Os Fagalleiros de A Ruada’, ‘Dinastía Yoseón Petín-Corea’, ‘Flora Queens’, ‘Papus 2024’, ‘Maravilloso Mundo Disney’, ‘Fonte de Ferro’, ‘As pitas despumadas’, ‘Afrondis’, ‘Sin Rumba’, e ‘Wonka e os oompa ludos’, todas cunhas coidadas coreografías. Tamén participaba coma sempre o Folión de Petín e o numeroso Folión de Buxán coas súas Mázcaras.

 

 

Este ano por mor das obras da rúa doutor vila, o desfile pasaba pola rúa Circunvalación antes de rematar na praza da Estación. Organizado polo Concello da Rúa, contou coa colaboración de Protección Civil e da Policía Local para controlar o tráfico pola estrada central da vila.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button