En portadaEntroido 2022Última horaVídeos

Esperada e animada noite de Comadres na Rúa

 

Non foi como hai dous anos, de feito o número foi bastante reducido en comparación, pero na noite deste xoves 24 de febreiro A Rúa recuperaba a tradicional festa de Comadres, con numerosas mulleres (e homes disfrazados de mulleres) percorrendo as rúas e locales de hostalaría e máis tarde ceando no Casino.

 

 

En total eran 50 as asistentes á cea elaborada e servida por Mantesil, mantendo un riguroso protocolo de sanidade (cinco mesas separadas co nome de cada asistente no prato e todos os contactos en caso de necesidade), desfrutando dunha esperada noite de festa amenizada musicalmente por Danzalia Disco Show.

 

 

Entre os difraces, coma sempre moita imaxinación sen faltar referencias ao Benidorm Fest, dende a música de Tanxugueiras ata os traxes de intérpretes como Rigoberta Bandini.

 

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button