DeportesMontañismoÚltima hora

Esta fin de semana celébrase o XI Maratón de Escalada na Escola Canón do Sil

 

O Club Alpino Ourensán muda este ano o carácter competitivo do Maratón de Escalada Canón do Sil que se celebra esta fin de semana e propón que “aproveites esta xornada para probar/encadear/coñecer os diferentes sectores do canón do sil e fanatizarte con polo menos unha vía en cada un deles”. Aseguran que “aproveitando as sinerxias de tódolos escaladores seguro que logramos unha xornada donde se alcance o número máis elevado de encadenes da historia do Canón. Se lle tes botado unha mirada algunha vía, dende fai tempo ou se non coñecías algún itinerario, este será o día de darlle a morte, aproveitando a motivación de todos os participantes e coñecendo os crux das mesmas”, convidan.

Así, organizan unha concentración-competición de escalada deportiva destinada a promover, por unha banda, a escalada deportiva, e por outra, dar a coñecer a escola de escalada de o Cañón do Sil a todos aqueles que se acheguen a el e fomentando os valores de respecto pola natureza e o medio natural, de acordo co recollido na Rede Natura 2000 de Galicia onde se inclúe o Cañón do Sil e a súa escola de escalada. “12 horas continuadas de escalada en corda, en todos os sectores da escola que nace co obxectivo de compartir unha xornada de escalada ben como participantes ou como espectadores e convertela nunha festa e encontro do deporte”.

 

O programa comezará hoxe coa proxección Reel-Rock 18 no Local do Consorcio de Peares ás 21:30h. A recepción dos participantes será a partir das 20:30horas. E mañá, sábado 14 de setembro terá lugar o maratón de escalada que transcurrirá de 9 a 21 horas na Escola de Escalada do Canón do Sil.

Artigos relacionados

Back to top button