En portadaÚltima hora

Estabilizado o incencio de Casaio (Carballeda de Valdeorras) tras queimar 440 hectáreas

Imaxe do incendio forestal en Casaio (Carballeda de Valdeorras)./ Foto: @Brif Laza.

 

O incendio de Casaio (Carballeda de Valdeorras), iniciado ás 13:59 horas do 9 de agosto, está estabilizado dende as 23:18 horas de onte (10 de agosto), tras afectar a unhas 440 hectáreas.

No seu control traballaron 1 técnico, 10 axentes, 32 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 9 avións e 8 helicópteros. Ademáis do labor dos medios, as tormentas na xornada de onte axudaron a conter as chamas.

Pola contra, na provincia de Ourense seguen activos catro incendios: o do Concello de Boborás, que afecta a 120 hectáreas e ten decretada a Situación 2 como medida preventiva na área de influencia do distrito forestal XI O Ribeiro-Arenteiro; o do Irixo con 680 hectáreas queimadas; o de Laza que evoluciona favorablemente tras afectar a unhas 1.350 hectáreas; e o de Chandrexa de Queixa que afecta a 200 hectáreas.

 

Artigos relacionados

Back to top button