Ás 15:20 deste domingo, 26 de xullo, pasaba a estar establizado o incendio forestal declarado o pasado venres na parroquia de Flariz, no concello de Monterrei. Tras unha nova estimación realizada pola Consellería de Medio Rural, a superficie afectada é de aproximadamente 720 hectáreas, das cales 450 son de masa forestal (400 de monte raso e 50 arboradas) e as 270 restantes, agrícolas.
Trátase do maior lume rexistrado no que vai de verán en Galicia. Na súa extinción, mobilizáronse 1 técnico, 24 axentes, 56 brigadas, 30 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 12 avións así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias.