A Consellería do Medio Rural vén de informar dun conato de incendio forestal rexistrado no concello de Rubiá, parroquia de Covas, que quedou estabilizado ás 11:36 horas desta mañá e que afecta o Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.
O conato (lume de menos de 1 hectárea) iniciouse ás 09,33 h. desta mañá a causa dun raio e afecta unha superficie de arredor de 10 metros cadrados. Para a súa estabilización, mobilizáronse 1 axente, 2 brigadas, 1 motobomba e 1 helicóptero.