Coa idea de facilitar a participación e lograr que máis comparsas e folións poidan asistir, este ano o gran desfile de Entroido da Rúa celebrarase o sábado en lugar do martes, seguindo o mesmo percorrido dos últimos anos.
Así, o 22 de febreiro ás 17:30h. terá lugar a saída dende a adega cooperativa Virxe das Viñas e ao remate, na rúa Doutor Vila, procederase á entrega das axudas aos participantes. O prazo para inscribir as comparsas e folións remata o venres 21 de febreiro ás 13 horas.
O martes 25 de febreiro haberá unha Festa de Entroido Infantil na rúa Doutor Vila a partir das catro da tarde e, para rematar, o mércores 26 levarase a cabo o tradicional Enterro da Sardiña, con velorio no adro da ingrexa de Santo Estevo ás 20h. e posterior queima na praza César Conti.
As bases reguladoras do Entroido 2020 pódese consultar na web do Concello : www.arua.gal