CulturaCulturaÚltima hora

Estrea de “A memoria de Abeleda” no Castelo de Castro Caldelas

O documental de Iria Puga sobre o mosteiro de San Paio, proxectarase o 23 de novembro
Imaxe da gravación do documental. /Foto: O Sorriso de Daniel.
Imaxe da gravación do documental. /Foto: O Sorriso de Daniel.

O vindeiro domingo 23 de novembro ás 17h. estrearase no Castelo de Castro Caldelas, “A memoria de Abeleda” de Iria Puga (guión, dirección e postprodución), un documental que pretende dar a coñecer a situación de ruína e abandono do mosteiro románico de San Paio de Abeleda.

A convocatoria foi feita por O Sorriso de Daniel (Románico galego), que propón unha xornada de outono polo Val de Abeleda, en plena Ribeira Sacra, que inclúe unha andaina polos arredores do mosteiro de San Paio pola mañá, e a proxección pola tarde.

Segundo o programa, a saída está prevista para ás 11h. diante do mosteiro para facer unha ruta polo Couto do mosteiro de San Paio “veremos as adegas, o pozo do tolo, os muiños do mosteiro, a capela de Soutelo, o Pazo do Couto, a igrexa de Santa Tegra, a ponte medieval de Lumeares e a fervenza de Cachón e todo no medio dun bosque cheo de cores outonizas” explican dende a asociación.

Artigos relacionados

Back to top button